billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

ANÁLISE 4ª XORNADA

CATEGORÍA FEMININA



Sorpasso de Lu e actuación estraordinaria de Vanessa

Despois desta xornada, o que podemos destacar é que por vez primeira desde que Bego participa na Conferencia Rías Baixas cede o liderado a outra palanadora que non é ela mesma. Ou sexa, Sempre que alcanzara esa posición nunca a deixara ata o final da temporada. Isto sucedeu desde a temporada 2013-2014. Esta vez, foi Lu, a bicampiona Nacional, a que a superou, dando un sorpasso inesperado, aínda que só por maior puntuación nunha xornada, xa que están empatadas no global dos puntos. Estas dúas palanadoras estanse distanciando do resto, pois son 23 ptos de vantaxe sobre Adriana, 29 sobre Elena e 30 sobre Vanessa.  


A actuación de Vanessa foi a gran sorpresa da xornada, pois con 16 ptos. só foi superada por Lu con  17. Isto fíxo que ascendera ata a 5ª posición da xeral, o que asegura que loitará por esa terceira praza do podio. Tamén, Marga e Casilda conseguiron 9 ptos o que lles permitiu dar un salto na Clasificación. Igual que Belmira, que cos 8 ptos desta xornada xa está a 2 dos 30. En definitiva, hai tres obxectivos polos que competir este ano. O primeiro é o título, que será cousa de dúas xogadoras, ou como moito tres, se Elena consigue ter regularidade nas súas actuación. O segundo obxectivo é a terceira praza do poido, para a que hai ata 7 candidatas. E finalmente están as prazas que darán dereito ao Play Off, que de momento está aberto a todas as participantes, pois hai xornadas por diante de abondo para optar a estas prazas. 

Os 60 ptos impresionados sobre a foto corresponden a unha predición de futuro



FEMININAEQUTOT1234
1LUCOR6014181117
2BEGOCOR6014171613
3ADRIANAVAL3719378
4ELENAGHA3142214
5VANESSAGHA3081516
6BELMIRAVAL2814518
7CASILDAGHA279369
8ANAGHA261574
9MARGAGHA245469
10TANIAVAL2020
11CHEFACOR17152
12LITALAX134612
13CHELIGHA13814
14MARISALÚA132524
15PATRI OUBIÑACAS131615
16MÓNICAGHA1091
17INÉSGHA94122
18PURIVAL5113
19CARME PAZOSVAL41111
20ANTÍAGHA3111
21CARME NAIGHA211
22LAURAARM22
23OLIRIN11
24EVAGHA11
25YAIZAVAL11
26XAIRAVAL11
27PATRI 11
28ANA MADRID11

Ningún comentario:

Publicar un comentario