billardariasbaixas@gmail.com

billardariasbaixas@gmail.com

4ª xor ANÁLISE

  Che entra no Alboio da Fama da LNB

  Na 4ª xornada Che conseguiu a súa primeira vitoria LNB. Conseguiuna ante dous palanadores de prestixio como son os dous Coroceiros Nacionais que temos na Conferencia, Xan e Ricar.  Na final a tres non dou opción e convertiu un varado, especialidade na que é Campión Nacional. Os dez primeiros postos da conferencia están claramente dominados pol@s palanador@s do equipo de Bueu. Hai seis xogador@ de Corredoiras no TOP 10. 

   Non houbo moitas sorpresas na xornada 4 xogada en pavillón, aínda que estas superficies cubertas e rápidas sempre son propicias para que algún e algunha dos favoritos teña unha mala xornada. Se acaso, podemos reseñar que dous candidatos ao título como son Fari e Salva tan só conseguiron 11 ptos. Ao mesmo tempo, Daniel tivo a peor actuación desde que compite na LNB e só conseguiu o punto de participación. Oito palanadores conseguiron chegar ou pasar dos 20 ptos, unha cifra sobresaínte para calquera que queira optar ao triunfo en calquera xornada. 

   Nesta xornada produciuse o rexurdir dalgún dos palanadores de Gharaboto, que xogando de locais, tiveron unha actuación moi destacada. Así, Manolo Fariña conseguiu 23 ptos e Luís Camiña 21 pts. Salgue tivo outra actuación sobresaínte con 21 ptos e xa se situou 7º. O actual Campión Infantil LNB, Juanma con 21 ptos está 6º. Charri e Lito conservan as posicións, 8ª e 9ª, respectivamente. Outro salto importante na clasificación douno Lu, que se sitúa na 10ª posición. Non queremos esquecer a actuación de Martín, de Laxe de Rons do Grove. Con 20 ptos o palanador do marisco conseguiu a súa mellor actuación histórica. Certo que é unha superficie que domina á perfección. Veremos como se comporta en terras da Ría de Arousa.

   A xornada 5, deste vindeiro sábado na Illa de Arousa, será propicia para os grandes golpeadores da Conferencia, pois a superficie de terra e herba favorece a aquel@s que fan desprazar a billarda máis polo aire ca polo chan. De todos os xeitos, O Bao caracterízase por ventos fortes que poden dificultar este avance das billardas vía aérea. Para que serva de orientación aos deportistas da billarda, o sábado ás 16 horas ventos O.N.O. 3 nós e refachos de 4 nós. 

ABSOLUTAEQUTOT
1XANLÚA106
2SALVACOR84
3RICARCOR82
4CHERIN82
5FARICOR76
6JUANMA INFLÚA71
7SALGUEVAL67
8CHARRICOR66
9LITOCOR62
10LUCOR60


CHE Campión Nacional de Varados xa ten un triunfo nunha xornada LNB